Celsa
a nai de Alfredo
Dera no queixo co mango da peta,
dende entom ao falar, eu nom o entendo,
fálache sempre coa boca retorta
e mira pra um co bico mirrado.
Nunca sei se no leite, quere migar,
pra dizer que si, esfarangulha os dedos,
quando nom o fai é que quere molhar,
nom sei que hei fazer com iste Alferedo !.
Nom pergunto como lhe vam as cousas
e deixo-o que faga à sua maneira,
co medo a entender duma cousa outra.
Cos pés a noventa graus caminhava,
coma se tivera dor entras pernas
ou levara um couce ali onde nom soa.
🌟
Moradelha editora
Ningún comentario:
Publicar un comentario