História


A Orixe de  Santo Tomé


Seica Santomé foi fundado por un tal San Rosendo, que fora fundador amais de abade do Mosteiro de Celanova e tamén obispo de Mondoñedo.

Si é certo, entón iste lugarciño ten mais de 1000 anos, paréceme moito.
(San Rosendo 907 – 977).

Segundo José Martínez Fernández (José Monea), fillo de Santomé, orixinalmente iste lugar comenzou-se á construir co impulso do obispo, que ó sere iste beatificado como San Rosendo, deu en chamarse o lugar do Santo Home, que co tempo foi derivando no lugar de Santomé.

Esi que hoxe coñecese por Santo Tomé e como a mais, foi un pobo onde houbo fornos pra cocere olas, rematou en ser chamado Santo Tomé das Olas.

Agora o nome oficial eche Santo Tomé de Cartelle, ó estare engadido no Concello de Cartelle.

A festa patronal sempre foi o 21 de decembro , dia do Santo Tomás apóstolo, coñecese como “A festa das noces” e as postres tradicionais do dia son o arrós con leite amais das noces.

Coa modernidade, no 2008,  a festa pasouse o  dia 3 de Xullo, data do martirio do Santo Tomás apóstolo na India.



Dedicado a José Monea (foto) (in memoriam )


Moradelha editora




Ningún comentario:

Conto 87 : O corvo da Moradelha

  O corvo da Moradelha Quando polos anos 60 triunfavam os Beatles : Em Santomé, polas tardinhas, logo da merenda, os nenos botavan uma parti...