A vaquiña terca
(Din que os animais
requestan ó dono)
Un dia pola tardiña, xa no luar, viña Daniel das Airas levando dous licores café de máis no corpo.
E xa na Moradella, abrindo a cancela do seu
patio, estaba Elvira agardandoo no corredor :
- Oes Daniel, hoxe tés que munguir tí, que
Josefa ándache coa rega na Fontela.- Ben muller, que lle imos facer, xa vou pra corte.
Daniel deixou a caxata na escaleira e agarrou
un caldeiro disposto a munguir.
Dispois colleu a aguillada e entrou na corte
:
Vaca atrás! , festa pra trás!, que che dou,
vásme comer !, vaca alá, quietiña ...
Colleu o tamborete da munguida, sentouse como
puido e comenzou a munguir a duas mans (profesional).
Cando levaba unhos cuartillos, alá vai a Marela que dunha couce zapateou o caldeiro co leite.
Daniel enfurruñou e atóulle a perna da vaca no pesebre.
Mungue que mungue, o cabo de pouco alá vai de novo coa outra perna e tras, volveu chimpar a vaca outra vez o caldeiro.
Mecágona! Imos quedar sin leite. Atóulle
a outra perna cunha corda.
Xa parecía que a cousa íache millor e trás, co rabo a Marela volveu zapatear o leite.
Daniel desesperado sacou o cinto dos pantalós
e subindo no tamborete púxose a amarrar o rabo da vaca nunha trabe da corte.
Nesto que aparece Josefa pola porta, mirando seu pai, que coa sospresa caíranlle os pantalós :
- E logo que fai papá, hoxe bebeu un chisco de mais !
- Mira Josefa sei o que estás pensando, mais tén unha explicaución anque non ch'o pareza.
- A Marela díulle hoxe por monear e púxome quente de mais , non é ho que pensas.
Eche así, seica os animais requestan ó dono.
A Josefa (foto) e mais Daniel (in memoriam)
Moradella editora
Moradella editora

Ningún comentario:
Publicar un comentario